A Garda Civil incautou 820 paquetes de tabaco en Aguiño, Ribeira

CEDIDA

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Ribeira, aprehendeu 820 paquetes de tabaco en Aguiño, Ribeira.

Os feitos ocorreron cando efectivos da mencionada Unidade localizaron un vehículo que se deu á fuga ao ver que os axentes notaran a súa presenza. Finalmente o turismo foi interceptado e o condutor investigado, aínda que non era ningún estraño para os axentes, xa que era un coñecido das forzas de seguridade por feitos relacionados coa venda de tabaco de contrabando. No interior do vehículo os efectivos incautaron paquetes de tabaco sen precinta fiscal regulamentaria.

A Garda Civil procedeu á confección da pertinente denuncia, por unha suposta infracción á Lei de Contrabando e á incautación da mercadoría, a cal foi posta ao dispor da Dependencia de Aduanas da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha