A Garda Civil incautou en Cee 55 quilos de peixe e marisco e unha embarcación

1 minutes read

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) de Corcubión en colaboración coa Garda Civil de Muxía, incautou 55 quilos de peixe e marisco de diferentes especies e unha embarcación en Cee.
Os feitos sucederon cando efectivos do Seprona que se atopaban realizando un servizo especial de prevención do furtivismo no marco do Plan Integral de Actividades Pesqueiras, observaron unha embarcación que navegaba pola ría sen sinalización e coas luces apagadas realizando manobras estrañas de aproximación á costa.
Ante a posibilidade de que esta embarcación sufrise algún tipo de incidencia mecánica, ou estivese a realizar algún tipo de actividade ilegal, os gardas civís actuantes realizaron o seguimento da mesma ata a súa chegada a porto. Unha vez atracada, coa colaboración dos compoñentes dunha patrulla da Garda Civil de Muxía, procederon á identificación dos ocupantes da embarcación e á comprobación das capturas que transportaba, as cuales consistían nun capacho con 5 quilos de choco e 4 de peixe.
Ante a sospeita de que os tripulantes fondeasen parte das capturas nunha das manobras observadas, a Garda Civil realizou unha procura pola zona, achando unha rede fondeada a cal contiña 40 quilogramos de centola e 5 de lubrigante.

Os efectivos actuantes procederon á incautación das capturas e da embarcación a confección das correspondentes actas-denuncia por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia polas capturas e ao Decreto Lexislativo 02/2011 da Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante por navegar de noite nunha embarcación carente de folio e luces.
As especies vivas incautadas foron reintegradas ao seu hábitat, entregando o resto a Cáritas de Cee, a embarcación quedou inmobilizada no porto desa localidade ao dispor das Autoridades competentes na materia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?