A Garda Civil intensifica a vixilancia sobre tractores agrícolas

Foto.- Guardia Civil.

A Garda Civil intensifica a vixilancia sobre tractores agrícolas e vehículos especiais na provincia da Coruña no marco do Plan de Actuación de Vixilancia da Vías de Comunicación. Na citada campaña están implicadas as Unidades de Seguridade Cidadá e Tráfico da provincia.

Os obxectivos da mesma son:
*Concienciar aos usuarios sobre o uso dos sistemas de seguridade destes vehículos e o seu adecuado mantemento, así como que posúen as autorizacións necesarias (permiso ou licenza de condución, ITV en vigor, seguro obrigatorio, etc.)
*Evitar as distraccións ao volante.
*Extremar a precaución e a prudencia en camiños irregulares e en zonas de desnivel.
*Uso as luces do vehículo en caso de meteoroloxía adversa, xa que tamén deben facerse visibles aos demais usuarios da vía.
*Uso dos sistemas de seguridade que leve instalado o tractor: Cinto de seguridade, estrutura homologada anti-envorco e outras.
*Uso do sinal V-2, dispositivo luminoso de sinalización óptica, para facerse ver, especialmente cara ao inverno, coincidindo coa redución da luz solar.
*Sinalizar con antelación suficiente e de forma nítida os cambios de dirección e outras manobras.
*Estiba e colocación, e suxeición da carga, apeiros etc.
*Concienciar do risco de atropelo e de «auto-atropelo» asociado ás paradas ou estacionamentos defectuosos, cerciorándose en todo momento, que calquera operación realízase de forma segura.
Estas inspeccións realizaránse en todas as vías, tanto nacionais, autonómicas, das deputacións como as locais. Nestas inspeccións entregaráselle un tríptico de concienciación, facilitados pola Xunta de Galicia.