A Garda Civil intervén 1.000 quilos de cocaína nunha embarcación croata

Imaxe Operación Falkusa_Garda Civil

  • A tripulación foi sometida a controis sanitarios en varios portos, o que puido interferir no intento de carga de droga

A Garda Civil, na denominada Operación Falkusa, levou a cabo a abordaxe dun veleiro de bandeira croata en augas internacionais, a unhas 88 millas ao oeste da illa da Palma, intervíndose no seu interior un total de 980 paquetes de cocaína, sumando 1.000 quilogramos, que conlevou a detención dos seus tres tripulantes, todos eles de nacionalidade croata.

A investigación iniciouse durante o pasado mes de febreiro cando o Grupo Central Antidrogas da Unidade Central Operativa recibiu información sobre a embarcación “MAJIC” de pavillón croata que, a criterio dos axentes, estaría vinculada directamente co tráfico internacional de substancias estupefacientes a gran escala.

As autoridades croatas colaboraron neste operativo, achegando toda a información sobre a saída e destinos da embarcación, que partiu desde Dubroknic (Croatia) con destino a Montenegro e posiblemente a costas españolas posteriormente.

Controis fronteirizos por COVID-19
Debido á pandemia que se está sufrindo a nivel mundial, a tripulación do MAJIC foi sometida a varios controis sanitarios e inspeccións en distintos portos caribeños feitos que, a criterio dos investigadores, fixeron que os integrantes desta organización desistisen de calquera intento de carga de droga nesas circunstancias, polo que regresaron ao arquipélago canario, concretamente ao porto de Arrecife en Lanzarote nos primeiros días do mes de xuño.