A Garda Civil intervén 165 quilos de peixe ilegal en Camariñas

2 minutes read

A colaboración entre a Patrulla do Seprona de Corcubión e o Posto da Garda Civil de Camariñas, deron como resultado a intervención de 165 quilos de peixe de distintas especies por carecer de documento legal para o seu transporte.

No operativo realizado, procedeuse á interceptación dunha furgoneta isoterma na localidade de Ariño, procedente de Camariñas, que controlada a carga transportada por Axentes do PAPRONA Corcubión, obsérvase que transporta moita máis carga que a reflectida no documento de transporte que mostra, motivo polo que se solicita ao transportista que acompañe aos axentes á Lonxa de Camariñas para proceder á súa pesada.

Ao comprobar o documento achegado este mostra que transporta cabra de altura cun peso de 120 quilos e Pescada cun peso de 10 quilos. Así mesmo obsérvanse varios erros na confección do devandito documento de transporte. A documentación achegada só corresponde a un barco con porto base en Camariñas, pero os axentes observaron como a carga transportada corresponde a dous barcos.

Solicitada a tarxeta de transporte ao condutor da furgoneta, este manifesta que non a posúe, feito que non está permitido ao ser un transporte publico. Despois de descargar a mercadoría, obsérvase a existencia de máis especies que as referendadas no devandito documento, a primeira ollada as cantidades non se corresponden coas declaradas, por este motivo procédese á pesada na bascula da Lonxa camariñá dando como resultado unha cantidade de peixe non identificado.

Os axentes proceden á aprehensión do peixe en exceso que non está referendado no documento de transporte, 100 quilos de cabra, 40 quilos de sargo, 15 quilos de lirio e 10 quilos de pescada, entregándolle o que se pode acreditar de forma legal ao transportista. O peixe intervido queda depositado na lonxa de Camariñas, precintado, sendo entregado ao centro benéfico de Caritas de Corcubión .

A Garda Civil realizou as denuncias administrativas por transportar peixe sen o correspondente documento de transporte legal así como polas demais irregularidades existentes no documento mostrado que son remitidas á Conselleria do Mar da Coruña, así mesmo cúrsase denuncia á Lei de transportes, por realizar un transporte público carecendo da correspondente tarxeta. Continúa a investigación para o esclarecemento doutras posibles fraudes no transporte de mercadorías alimentarias.