A Garda Civil investiga a seis persoas por estafa telemática

1 minutes read
  • O obxectivo final destas estafas era a compra de criptomonedas

O Equipo de estafas Telemáticas da Garda Civil da Compañía de Ferrol investigou a seis persoas como presuntas autoras dun delito de estafa e un delito de pertenza a grupo criminal organizado. Na operación tamén colaboraron as Unidades Orgánicas de Policía Xudicial da Garda Civil de Madrid e Albacete.

Os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada por un veciño de Fene, na que se comunicaba que se realizaron na súa conta bancaria un total de cinco cargos a través de dúas tarxetas da súa titularidade, aínda que sen a súa autorización, por un importe de 3.000€.

No transcurso da investigación, os axentes detectaron que o modus operandi dos autores consistía en acceder ás tarxetas das vítimas mediante enxeñería informática desde equipos con IP situadas en Venezuela, realizando desde os mesmos cargos non autorizados. Posteriormente efectuaban telemáticamente transferencias ponte da cantidade estafada, chegando nalgún dos casos a realizar máis de sete transferencias, tratando de evitar con iso o seguimento das mesmas por parte de forzas de seguridade e tendo como obxectivo final a compra de criptomonedas (moedas virtuais).

En total foron detidas seis persoas xa coñecidas polas autoridades. Tres delas eran as encargadas de realizar os cargos e efectuar as transferencias, tendo como destinatarias ás dúas mulleres do grupo, as cales realizaban outra transferencia das cantidades estafadas a un veciño de Albacete, sendo este o encargado da compra das criptomonedas.

Os investigados, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ferrol.