A Garda Civil investiga a un home por un delito de estafa bancaria

Imaxe dun Garda Civil

  • O Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía da Garda Civil de Santiago, procedeu á investigación dun veciño de Madrid como presunto autor dun delito de estafa bancaria. A modalidade de estafa foi o phishing.

Os feitos iniciáronse a raíz dunha denuncia interposta pola propia vítima, veciña de Teo, quen manifestou que tras recibir un suposto correo electrónico da súa entidade bancaria, onde se lle solicitaban datos da súa banca electrónica, perdeu todo o control sobre as súas contas. Unha das operacións non autorizadas pola denunciante, consistiu nunha transferencia de 2600€.

Esta técnica denomínase «phishing»: a vítima recibe correos electrónicos de xeito masivo (spam) simulando que proceden de entidades bancarias ou de pago por Internet, mesmo usan os mesmos logotipos ou gráficos orixinais. Normalmente piden que a persoa confirme ou verifique a información da conta que dispón nesa entidade, pero realmente aproveitan ese momento para obter datos sensibles da vítima, como os da tarxeta de crédito ou claves e nomes de usuario, para poder suplantala.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha