A Garda Civil investiga a un motorista por circular a máis de 200 km/h nun treito de 70 en Irixoa

1 minutes read

O piloto está investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras observar que conducía unha motocicleta a unha velocidade de 208 km/h nunha limitación específica por sinal de 70, superando en 127 km/h o límite sinalado no tramo.

Axentes do Subsector de Tráfico da Coruña que desenvolvían un dispositivo de verificación de velocidade mediante un cinemómetro móbil detectaron esta infracción na estrada AC-151 en Irixoa.

As investigacións realizadas  permitiron a identificación do condutor, o que resultou na súa citación en calidade de investigado non detido como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria. 

Cabe destacar que o artigo 379.1 do vixente Código Penal, establece penas de prisión, multa ou traballos comunitarios, alén da privación do carné de conducir, para quen supere os límites de velocidade permitidos en 60 km/h en vía urbana ou en 80 km/h en vía interurbana.