A Garda Civil investiga a un veciño de Carballo como presunto autor dun delito de falsificación de documento público

PIXABAY

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) de Arteixo investiga a un home como presunto autor dun delito de falsificación de documento público.
Os feitos ocorreron a raíz de ter coñecemento os efectivos desa Unidade da posible inclusión nas listaxes das batidas de xabaril nun Tecor sen asistir ás mesmas.
A Garda Civil iniciou unha investigación ao obxecto de constatar a veracidade dos mesmos, logrando os gardas civís actuantes, tras 2 meses de investigación, solicitar os datos da posible existencia dun delito de falsidade en documento público, ao verificar a presenza de 4 persoas nas listas de batidas de xabaril sen asistir a elas, tendo estas a consideración de documento oficial de carácter administrativo, sendo o xefe de batida responsable do seu enchemento, sendo en todos os casos a mesma persoa a que figura como xefe de batida.
Polo exposto anteriormente, a Garda Civil investigou a este home como presunto autor dun delito de falsificación de documento público.

Related posts

Dúas empresas presenta ofertas á Xunta para a obra de rehabilitación integral do colexio O Areal de Camariñas

O Concello da Laracha renova o convenio para facilitar a xestión da biomasa nas faixas secundarias

O FIOT repite un ano máis entre os mellores proxectos culturais de Galicia