- A montaxe económica da estafa supera os 200.000 €
A través dunha denuncia cursada en Guardo, Palencia, destapouse unha estafa a nivel nacional que se saldou con dúas persoas detidas e outras seis investigadas.
Os autores dos supostos delitos publicaban na internet anuncios de vehículos importados de alta gama, suplantando as identidades de persoas físicas e xurídicas. Para facer máis real a estafa, enviaban por correo electrónico ás súas vítimas contratos e documentos que acreditaban a existencia do turismo e as condicións para efectuar a transacción e recollida do vehículo polo interesado. O pago efectuábase con anterioridade en contas bancarias situadas en España, Italia, Francia ou Alemaña.
A Garda Civil conseguiu pescudar que neste armazón para cometer estafas a través de portais da internet, chegáronse a publicar 79 anuncios “fraude” de venda de vehículos de alta gama.
Por agora foron detidas dúas persoas nas provincias de Valencia e Granada e seis están a ser investigadas.
O total económico estafado entre os anos 2016 e 2017 supera os 200.000 € e as provincias nas que houbo persoas afectadas foron un total de 21, sendo as de Cáceres, Alacante, San Sebastián, Asturias, Zaragoza, A Coruña, Segovia, Selecta, Almería, Huelva, Navarra, Cádiz, Salamanca, Murcia, Albacete, Sevilla, Pontevedra, Madrid, Illas Baleares e Palencia.