A Garda Civil investiga un accidente grave de dous mozos de Santa Comba

1 minutes read

O Destacamento de Tráfico de Corcubión, investiga un accidente de circulación grave que padeceron dous mozos veciños de Santa Comba. Ao parecer, pasaran a noite nunha festa e volvían a casa despois de tomar alcol durante o Estado de Alarma.

Os Feitos tiveron lugar na AC-546 km 14,647. O sinistro consistiu nunha saída de vía, onde o vehículo puido percorrer sen control uns 160 metros ata chocar contra unha glorieta, deixando esparexidos pola estrada o motor e a carrocería. Os dous ocupantes, de 25 e 23 anos resultaron feridos, sufrindo as maiores feridas o que ocupaba o lugar do copiloto, polo que tivo que ser trasladado en ambulancia medicalizada.

Realizada a proba de alcoholemia ao condutor, arroxou 0,76 e 0,74 mg/l en aire expirado e negativo en proba de drogas. O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña desprazouse ao lugar para realizar unha reconstrución do sinistro viario e así poder esclarecer as causas do mesmo. O caso está a ser tramitado polo Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Negreira.