44
Os feitos ocorreron cando o investigado, denunciou unha suposta estafa, ao realizarse varios cargos dunha empresa aseguradora, na súa conta bancaria, sen a súa autorización. Efectivos do Equipo de Delitos Telemáticos, iniciaron a investigación, pescudando que o denunciante contratara un seguro de tarxetas coa citada empresa, sendo informado de que transcorridos 15 días, podía dar de baixa o seguro sen custo. O denunciante non só non deu de baixa o seguro, se non que pagou os correspondentes cargos e fixo uso del durante dous anos. A Garda Civil lembra que a simulación de delito, esta recollida como ilícito penal, no artigo 547 do Código penal, castigado cunha multa de seis meses a un ano.