O Equipo @Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña de resposta en materia de Ciberdelincuencia, investigou a un veciño do de Zas como presunto autor dun delito de estafa. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por unha veciño de Salamanca nas dependencias oficiais da Garda Civil de Laxe o pasado mes de agosto, comunicando que tras decidir pasar coa súa familia uns días de vacacións nesta localidade costeira, buscou nun coñecido portal de alugueiro de inmobles da internet un por esa zona.
Unha vez localizado un piso que se adecuaba ás súas necesidades púxose en contacto co suposto propietario, acordando un prezo de 550 euros polo alugueiro, ingresando a continuación dita cantidade na conta bancaria indicada. Tras realizar a viaxe coa súa familia desde o seu domicilio ata Laxe tentou contactar varias veces co investigado para recoller as chaves da vivenda, non obtendo resposta algunha, momento en que se deu conta de que fora vítima dunha estafa e non dispoñería do piso alugado.
A Garda Civil investigou os feitos en aras de constatar a veracidade dos mesmos e identificar plenamente o autor ou autores do ilícito. No transcurso da investigación, tras a análise minuciosa da información solicitada, os efectivos do Equipo @Milladoiro lograron a identificación plena do responsable dos feitos, resultando ser un veciño de Zas, coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole na zona de Sanxenxo-Pontevedra, procedendo á súa investigación como presunto autor dun delito de estafa.
A Garda Civil lembra que este tipo de estafas increméntase en datas vacacionais e en destinos con gran demanda, recomendando prestar especial atención se o prezo do alugueiro é considerablemente inferior ao valor medio dos da zona.