A Garda Civil localizou a unha veciña de Arteixo que figuraba como desaparecida

1 minutes read

Os feitos ocorreron por mor de recibir unha patrulla unha alerta da Central Operativa de Servizo (COS), pasadas as 10 e media da noite deste xoves, comunicando a desaparición dunha muller de avanzada idade, complexión delgada e cabelo louro. Á 01:45 estando a patrulla realizando un servició de Seguridade Cidadá pola demarcación, localizou a unha persoa que camiñaba desorientada e que coincidía coas características físicas da desaparecida. Mantendo conversación con ela observan que se atopaba desorientada pero sen aparentes lesións a primeira vista, respondendo as preguntas e facilitando nome e apelidos. Manifestando que se puxo a camiñar desde A Coruña sen rumbo e non sabía onde se atopaba nese momento. A patrulla actuante deu aviso ao COS para que avisasen aos seus familiares. Ao lugar dos feitos achegouse unha filla á que se lle ofreceu o servizo dunha ambulancia manifestando que se encargaría ela do seu traslado se fose necesario a un centro médico.