A Garda Civil neutralizou unha bombona sospeitosa localizada nunha sucursal bancaria de Crecente

O equipo dos Tédax da Garda Civil, experto en explosivos, analizou e desactivou unha bombona conectada por cables, que foi localizada nunha sucursal bancaria situada na Rúa Solís Ruíz, en Crecente. Ningunha persoa resultou ferida e tampouco foi detectada ningunha fuga de gas. No operativo tamén colaboraron a Policía Autonómica e o GES-SPEIS de Ponteareas. Deste xeito, cando chegaron ao lugar, os Tédax retiraron os cables e a bombona e os GES-SPEIS de Ponteareas encargáronse de realizar medicións e ventilar as instalacións afectadas.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas