A Garda Civil propón para sanción a dous veciños de Santiago por facer unha grellada en Muxía

1 minutes read
  • Unha terceira persoa tamén foi proposta para sanción por unha queima de rastrollos en Irixoa.

A Garda Civil da Comandancia da Coruña propuxo para sanción a 3 persoas por incumprir as restricións de seguridade nunha época de alerta máxima por risco de incendio forestal.
O primeiro dos feitos ocorreu cando unha patrulla que se atopaba realizando un servizo preventivo de seguridade cidadá, observou unha columna de fume nas inmediacións da praia Dos Muíños na localidade de Muxía. Ao dirixirse ao lugar localizaron a dúas persoas, veciñas de Santiago de Compostela, que se atopaban realizando unha grellada.

O segundo dos feitos ocorreu tras recibir unha alerta telefónica informando da existencia dun incendio forestal no lugar de Ambroa-Irixoa a uns 100 metros de vivendas.
Trasladada unha patrulla do Posto de Curtis ao lugar comprobou que se trataba da queima de restrollos nunha leira particular.
En ambos os casos a Garda Civil procedeu á identificación dos responsables e á confección da correspondente acta denuncia por suposta infracción grave á Lei 7/2012 de montes de Galicia, obrigándolles a apagar o lume.
O importe económico destas infraccións oscila entre 1.001€ e 1.000.000€. A Garda Civil lembra a importancia da concienciación e a colaboración para previr incendios.

Nun contexto de risco extremo, o uso de lume contravindo as prohibicións existentes pon en perigo tanto a contorna natural como a seguridade das persoas.
As autoridades fan un chamamento á colaboración cidadá, se é testemuña dalgunha actividade ilícita que poida provocar un incendio, non dubide en contactar coa Garda Civil a través do teléfono de emerxencias 062.