O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Comandancia da Coruña, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, incautou 16,70 quilogramos de necoras, 4 quilogramos de santiaguiño, 5,2 quilos de polbo e un bogavante, na autovía AG-55. Os feitos ocorreron cando os efectivos de ambas unidades interceptaron unha furgoneta isotermo dedicada ao transporte de peixe procedente de Malpica na AG-55, da que sospeitaban que puideses transportar mercadoría ilegal. Os efectivos actuantes identificaron o condutor procedendo posteriormente ao rexistro do vehículo, localizando na zona de carga do mesmo, santiaguiños especie vedada actualmente, necoras gran parte delas ovadas, polbo e un bogavante, carecendo a maior parte da mercadoría de documentación que amparase a súa trazabilidade. Ante o achado realizado cominaron ao condutor a desprazarse ás instalacións da Lonxa da Coruña para o pesado da mercadoría. Unha vez pesada arroxou un total de 41,70 quilogramos de necora, dos cales só se reflectían 17 no documento de transporte, 4 quilos de santiaguiños dos cales 2 estaban ovados, 5,2 quilogramos de polbo, non alcanzando ningún dos exemplares o peso mínimo legalmente establecido e 0,7 quilos de bogavante. Unha vez realizada a pesada da mercadoría procederon a confeccionar as pertinentes denuncias por supostas infracciónes á Lei de Pesca de Galicia e á incautación de 24,7 quilos de necoras por non estar reflectidas no documento de transporte, 4 quilos de santiaguiño por ser especie vedada, 5,2 quilogramos de polbo por ser todos os exemplares inmaturos e 0,70 quilos de bogavante por carecer de documentación que garantise a súa trazabilidade. As especies incautadas foron sementadas ao acharse os exemplares vivos, a excepción do polbo que foi entregado no centro benéfico Padre Rubinos.