A Garda Civil destruíu máis de 3.000 armas no 2020 en Galicia

Foto.- Garda Civil.

A Garda Civil emitiu un comunicado no que informa que destruíu unhas 60.000 armas no ano 2020, máis de 3.000 en Galicia. Todas utilizadas previamente para cometer delitos. A cifra coñécese coincidindo coa celebración, este venres 9 de xullo, do Día Internacional da Destrución de armas de fogo. A inutilización das armas está regulada dende 2011 por unha normativa moi severa. Destrúese cada unha das súas pezas e é imposible volver utilizala. En España hai varios requisitos para ter un arma legalmente: como non ter antecedentes penais ou superar probas teóricas e prácticas sobre o seu uso.