Fíxoo no marco do programa de showcookings co que a área de Turismo da Deputación da Coruña está participando nesta cita gastronómica, e que neste caso correu a cargo do cociñeiro José Manuel Carreira, do Asador Manduca (A Picota), contou coa presenza do vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e dunha delegación do Concello de Mazaricos formada polo alcalde, Juan Blanco, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, e o concelleiro de Xestión Interna, Jorge Villar.
José Manuel Carreira transformou o stand provincial nun asador ad hoc, que durante o tempo que durou o showcooking se converteu no punto de encontro máis demandado do recinto no que se celebra a feira, e no que o cociñeiro preparou e ofreceu chuletóns de vaca á brasa. A degustación tamén incluíu bolo do pote elaborado por Laura Prado e Esther Muíño, da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos.