A gran cidade australiana de Sídney encérrase dúas semanas pola variante Delta


Sídney parece unha cidade pantasma. A maior urbe de Australia, cos seus 5,3 millóns de habitantes, volve a estar confinada tras a aparición dun brote da variante Delta do coronavirus. O pasado xoves a medida aplicouse a tres distritos. Un día despois, estendeuse a toda a cidade e zonas contiguas por un período de dúas semanas ao ver que se multiplicaban os contaxios, cunha trintena de novas infeccións en 24 horas. Os habitantes só poden saír á rúa para facer algo de deporte, ir traballar se non teñen alternativa ou comprar o esencial. Australia, grazas ao seu sistema de confinamentos breves e localizados, vive desde hai meses unha relativa normalidade. O coronavirus deixou 910 mortos. En Sídney, ante os centros de test COVID, formáronse colas de vehículos para facerse as probas.