A gratuidade da educación infantil aforrará de media anual de entre 1.500 e 2.000 € por neno

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a gratuidade da educación infantil contribuirá á economía dos fogares, cun aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por neno. Incidiu en que Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social. Logo de precisar que esta iniciativa suporá un orzamento anual de 50 millóns de euros e beneficiará a máis de 30.000 pequenos, o titular do Goberno galego aseverou que este esforzo investidor non podía chegar nun momento máis necesario, no que os prezos volven subir.