A gripe causa xa 29 mortos esta tempada en Galicia

0 minutes read

Nun informe o Sergas reflicte que desde o principio da tempada e ata a mañá do xoves 6 de febreiro, declaráronse 1.009 ingresos con gripe confirmada, dos cales 560 xa recibiron o alta e 81 requiriron asistencia en UCI. Dos ingresados con gripe, 817 tiñan indicada a vacina por idade ou por presentar factores de risco para unha gripe complicada e 430 deles non estaban vacinados.  As persoas falecidas con gripe en Galicia sitúanse en 29 na semana en que o Sergas apunta que «podería ser a do cumio da onda estacional» desta tempada.