A apertura desta nova escola infantil permitirá que máis da metade dos nenos de 0 a 3 anos deste municipio teñan á súa disposición unha praza pública, unha ratio de cobertura 18 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.
Coa da Guarda serán máis de 200 os centros repartidos pola Comunidade. Cabe destacar a gratuidade universal de todas as escolas infantís de Galicia, que se empezará a aplicar o vindeiro curso, e que xa se aplica para os segundos fillos e seguintes desde 2020.
Precisamente para dar cobertura á crecente demanda de prazas gratuítas para segundos e sucesivos fillos, a Xunta acaba de lanzar unha ampliación de crédito que permita atender esta maior ocupación nos centros de educación de 0 a 3 anos. Este incremento, que responde ao aumento de matriculacións en escolas infantís rexistrado no curso 2021/2022 respecto ao anterior, ascende a un millón de euros, que se suma aos máis de 16 presupostados para este fin.