A hepatite aguda infantil de orixe descoñecida xa está en Galicia

0 minutes read

A Consellería de Sanidade informou o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade a detección de dous casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida. Os casos cumpren os criterios de inclusión determinados polo Ministerio e, unha vez remitida a información, será o organismo ministerial o encargado de facer as probas pertinentes. Un destes casos pasou a enfermidade no mes de xaneiro e o outro está pasando a enfermidade na actualidade. A Consellería de Sanidade sinala que permanece alerta na detección de casos.