A historia repítese, un peregrino morre afogado na praia de Fisterra

  • Outro mozo peregrino había falecido hai case unha década en circustancias similares nun lugar próximo da mesma praia.

Os feitos ocorreron na zona da praia de Mar de Fora a última hora da tarde deste xoves. Segundo algunhas testemuñas o home de mediana idade e de nacionalidade irlandesa penetrouse na auga coa intención posiblemente de darse un baño e xa non puido saír. Tras velo en perigo, os presentes deron a voz de alarma ao 112 que mobilizou de inmediato aos servizos de emerxencia, que o rescataron e tentaron reanimar durante varios minutos, pero ao final nada puideron facer por salvarlle a vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha