As autoridades sanitarias do estado de Nova York chaman a pediatras e pais a vacinar aos nenos. A multiplicación de admisións pediátricas prodúcese desde a segunda semana de decembro. Segundo as autoridades sanitarias, ningún dos nenos de 5 a 11 anos ingresados en hospitais da cidade de Nova York con covid-19 tiña a pauta completa de vacinación.
A responsable de saúde do estado de Nova York, Mary Basset subliñou a importancia da vacina tamén para os nenos: «Publicamos estes datos porque queremos que os pediatras estean atentos para facer o diagnóstico de COVID nos nenos. E tamén queremos que os pais estean pendentes do diagnóstico. Moita xente cre e segue crendo que os nenos non se infectan de COVID -19. Isto non é verdade. Os nenos contáxianse e algúns acabarán hospitalizados. A cobertura de inmunización neste grupo, a cobertura de vacinación segue sendo demasiado baixa».
Desde este luns os neoiorquinos de 12 anos ou máis terán que ensinar o certificado das dúas doses de vacinas para entrar en restaurantes, ximnasios ou lugares de lecer».