A hostalería carballesa clama na rúa | “Precisamos axuda xa”

1 minutes read

A asociación de hostalería de Carballo está en loita, do mesmo xeito que a de medio mundo, pero cada quen ten que loitar polo seu. Porén, promovida por esta entidade, hoxe ás 4 da tarde concentraránse na zona do Hiper Gadis, para avanzar ata a praza do Concello. Baixo o lema “Precisamos axuda xa”, esperan chamar a atención dos organismos competentes para que atendan as súas demandas. «Queremos reinvindicar por medio de todos os sectores afectados, directa ou indirectamente, o noso malestar polo peche dos locais de hostelería, afectando a todos os sectores, o peche das feiras, a falta de axudas inmediatas por parte de todas as administracións, levamos máis de seis meses sin percibir axudas directas» afirman. O acto reinvindicativo está previsto que remate cunha gran concentración ás 19:00 horas na praza do Concello.