A hostalería leva as súas demandas á rúa

Membros da Plataforma de Turismo e Hostalería da Costa da Morte vertebraron a comarca e concentráronse este domingo con destino a Carballo para protestar «por necesidade» por un Plan de rescate xusto, cun apoio financeiro directo ao sector por parte das diferentes administracións. Ao aparcamento do Rego da Balsa chegaron medio cento de turismos, de Fisterra, Muxía ou Camariñas, acompañados da Garda Civil de Tráfico de Corcubión. Acto seguido, sumando participantes, dirixíronse a pé á Praza dos Bombeiros Voluntarios, no barrio da Milagrosa, onde leron un comunicado e reivindicaron as súas propostas e dereitos. Alí quixeron deixar claro que os seus negocios «non son o problema» da pandemia, ao contrario, pretenden ser parte da solución. A participación podería ser maior, nunhas reivindicacións que afectan directamente a centenares de negocios do sector, e indirectamente a moitos máis.

Participantes na concentración na praza dos Bombeiros Voluntarios, en Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha