A idade de xubilación sitúase nos 66 anos

Co novo ano, a idade de xubilación sobe aos 66 anos e as pensións calcularanse con 24 anos cotizados. Líbranse deste requisito as persoas que cotizaran durante polo menos 37 anos e tres meses. Estes poderán disfrutar do cen por cento da súa pensión ao cumprir os 65.

Pero o Goberno está estudando unha nova reforma: o aumento do chamado periodo de cómputo para calcular as pensións. Un documento que en breve irá ao diálogo social e logo enviarase a Bruxelas. O ministerio de Seguridade Social defende a ampliación de 25 a 35 anos cotizados, como garantía ante as autoridades comunitarias para lograr os fondos de recuperación.

A proposta do ministro Escrivá, que non aparece nas recomendacións do Pacto de Toledo, opóñense non só os sindicatos. Tamén os propios socios de Goberno. A ministra de Traballo xa adiantou que votará en contra. A proposta de reforma de Escrivá baixaría unha media do 5 por medio por cento as novas pensións.

Os pensionistas xa anunciaron que seguirán coas protestas nas rúas contra o que consideran unha privatización do sistema público das pensións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha