O programa Vilas en Flor, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), conta xa coa participación de 15 concellos. Aos cinco da primeira edición –Allariz, Chantada, Caldas de Reis, Betanzos e Ortigueira– súmanse este ano outros dez, ademais de Gondomar: Culleredo, Mondoñedo, Portomarín, Tomiño, Ponteceso, Salvaterra, A Guarda, Cuntis, Carballiño e Baiona.
No caso de Gondomar, situada no Val Miñor, no extremo sur occidental de Galicia, un territorio, exuberante na súa natureza, humanizado e acolledor, cunha ampla extensión (74,8 quilómetros cadrados) e unha grande variedade de paisaxes e hábitats: desde os rochosos escarpes da Serra do Monte Galiñeiro, pasando por fragas como a de Oliveira, brañas como a de Chan do Cereixo, ribeiras do Zamáns e Miñor ata as xunqueiras do esteiro do Miñor.
Vilas en Flor é unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, chega este ano á súa segunda edición con novos participantes. A organización continúa a rolda de contactos cos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes para as visitas do xurado.
Unha das novidades, ademais dos concellos que participan por primeira vez, será a gala de entrega, que este ano terá lugar en Santiago, onde se coñecerá o gañador nunha cerimonia na que se vai manter a sorpresa ata o último momento.