A Illa de San Simón acollerá en xullo a undécima edición do San Simón Fiddle

1 minutes read

Trátase do curso de verán infantil e xuvenil de intercambio de músicas tradicional de Galicia coa de outros lugares do mundo. Nesta edición é a quenda das músicas do Brasil. Ademais, volverá o encontro musical Encordass de música de corda que reivindica o violín como fío conductor e que estará aberto ao público con visitas guiadas e actividades paralelas. O curso celebrarase durante unha semana na que os participantes se aloxarán en San Simón. Está destinado a intérpretes de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra), co fin de potenciar o uso destes instrumentos na música tradicional. Os participantes conformarán un pequeno repertorio que se representará no concerto final do sábado 9 de xullo, onde interpretarán as melodías aprendidas guiados polos artistas brasileiros e polos mestres residentes do San Simón Fiddle, entre os que se atopan destacados músicos do panorama galego e nacional coma Begoña Riobó, Anxo Pintos ou Marta Roma.