A iluminación de Cangas do Morrazo premiada como a mellor iluminación ambiental

2 minutes read

O proxecto “Renovación integral da iluminación exterior” de Cangas do Morrazo (Pontevedra) foi distinguido co premio á mellor iluminación de tipoloxía viaria ou ambiental, dentro dos I Premios Iluminación convocados polo Simposium Urban Solutions. Un premio compartido co proxecto “Renovación e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública” de Cazalla de la Sierra (Sevilla).

O proxecto de renovación integral da iluminación exterior en Cangas do Morrazo, financiados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) incluíron a substitución de 5.451 puntos de luz por luminarias poliméricas LED 3000 K nas parroquias de Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e Hío. O proxecto incluía tamén a modificación e adaptación dos centros de mando, permitindo así a telexestión desde un centro de xestión centralizado.

Os traballos foron realizados pola UTE San José-Siel Vigo, adxudicataria das obras por algo máis de 3,5 millóns de euros. Un proxecto que abarcou escenarios variados, desde paseos marítimos e parques ata travesías e núcleos urbanos. Coa súa execución, o Concello de Cangas do Morrazo conseguiu unha redución substancial do consumo enerxético, unha diminución da contaminación lumínica, un control do cegamento, un incremento do índice de reprodución cromática, un reforzo da seguridade e un aumento da calidade xeral da iluminación pública, que dirixe a luz unicamente onde se necesitan.

Uns premios abertos á participación de todos os municipios, entidades territoriais e actuacións privadas de toda España e que “decidimos convocar por primeira vez debido á importancia destas infraestruturas nunha cidade xa que a súa eficiencia impacta directamente na calidade de vida dos seus habitantes, ao reducir a delincuencia nos espazos públicos, os accidentes de circulación, a distinción do seu patrimonio e facilitando en xeral a habitabilidade das propias cidades”, explica Roberto Carlos González Fernández, director do simposium Urban Solutions e presidente do xurado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?