A indignación pola xestión da marea de pellets saíu á rúa en Santiago

1 minutes read

Miles de persoas protagonizaron este domingo en Santiago unha protesta na que se notaba a tensión electoral e o recordo da crise do Prestige, xestionada con incompetencia pola administración do PP fai agora máis de vinte anos. Máis de 7.500 persoas, segundo a delegación do Goberno, partiron da Alameda compostelá e concluíu na Praza do Obradoiro, asistiron numerosos cargos políticos de forzas progresistas, como a vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, e a exministra de Igualdade Irene Montero. Tamén estaban presentes candidatos e candidatas que aspiran a presidir o Goberno galego a partir do 18 de febreiro, como Ana Pontón (BNG), Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos).

Nun escenario instalado xunto ao Colexio San Xerónimo, os organizadores leron un manifesto que criticaba o “fracaso dos sistemas operativos de seguridade marítima, tanto de Salvamento Marítimo dependente do Estado, como do Servizo de Gardacostas, dependente da Xunta”. “Unha vez máis a Xunta minimiza os problemas, ignora os datos científicos e non resolve máis que con mentiras e incompetencias”, denunciaron.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?