Os efectos da pandemia obrigaron a clausurar a cervexeira de Werneck, en Baviera, e terminaron con catro séculos de historia. En setembro, a fábrica pechará e os seus quince empregados perderán o traballo.
«Moitas empresas venden case toda a súa cervexa por medio dos seus propios restaurantes, que levan pechados varias semanas. Non sabemos cando poderán retomar a súa actividade normal. Témome que, no mellor dos casos, podería ocorrer no mes de xullo ou en agosto. E non imos poder sobrevivir ata entón», afirma Holger Eichele, secretario xeral da Asociación Alemá de Cervexeiros.
Os 15 000 euros de axudas económicas de Baviera, representan unha pinga de auga no océano para moitas cervexeiras. Os festivais cervexeiros de verán e outono son cruciais para a súa supervivencia. Se se suspenden, a crise do coronavirus pode causar moitas máis vítimas na industria cervexeira alemá.