A información pública o proxecto de mellora de 51 paradas de autobús no norte de Lugo

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, investirá 1,6 millóns de euros na mellora de 51 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas na zona norte da provincia.

Este proxecto de mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús inclúe 15 estradas que conectan polo norte coa cidade de Lugo, e discorren por dez concellos. En concreto, contempla a mellora de 30 paradas no municipio da capital, cinco en Xove, catro en Castro de Rei, dúas en Riotorto, Outeiro de Rei, O Vicedo, Cospeito e Begonte, e unha en Abadín e Meira respectivamente.

A documentación pode consultarse na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Delegación Territorial de Lugo e nas casas consistoriais dos citados concellos.

Paralelamente, estase traballando no proxecto para acometer actuacións similares nas estradas autonómicas que enlazan coa capital de Lugo desde os municipios do sur da provincia.