Tratábase dunha iniciativa presentada o 14 de febreiro de 2019 polos tamén entón alcalde, Evencio Ferrero, os concelleiros Luis Lamas e Marcos Trigo. «eu❤️CARBALLO» pretendía ser unha marca identificativa transversal da capital de Bergantiños e ao pouco tempo logrouno con creces. Carteis, bolsas, pegatinas, ou marcapáxinas foron repartidas a esgalla, fixando unha imaxe visual de gran impacto, acompañada dun vídeo promocinal nas redes sociais, gravado nas 18 parroquias, que perdura no tempo e se acerca ás tres mil visitas en YouTube. O eslogan comezou a formar parte de varias campañas de diferente índole promocionadas polo Concello, ata un colgante para os cans. Agora máis que nunca os creadores afirman ter 31.429 motivos -un por cada habitante- para querer/amar a Carballo, demostrando respeto ás medidas de prevención que nos axuden a saír da crise sanitaria na que nos atopamos. Mil anos máis de vida!.
105