A iniciativa «Xogajudo 2019» éxito total este sábado en Carballo

O pavillón Vila de Noia acolleu este sábado, 16 de marzo, desde as 11.30 horas, organizado polo Judo Club Bergantinos, a fase local ‘Xogajudo 2019: deporte fácil e divertido’, unha iniciativa coa que colaborou a Federación Galega de Judo que se enmarca dentro do programa Xogade de deporte escolar promovido pola Xunta de Galicia e Deporte Galego. 307 rapaces da categorías de base benxamín, alevín e infantil participaron nesta xornada, que tivo máis carácter de formación que competitivo e cuxos obxectivos son instaurar hábitos de práctica deportiva saudables nos rapaces e rapazas; educar a través dun sistema de participación seguro, estimulando e fomentando os valores do judo (participación, compañeirismo, respecto, e amizade).

Momento Xogajudo este sábado no Pavillón Vila de Noia en Carballo

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha