A Inspección Laboral refórzase en 2023 cun 6,6% máis de actuacións


A Inspección de Traballo refozará de cara o vindeiro ano as actuacións previstas para seguir loitando contra a economía irregular, o fraude na contratación e previr os riscos no traballo, entre outros. Así, o total de actuacións ou ordes de servizo previstas para 2023 aumentarán nun 6,6% ata chegar ás máis de 41.000, dividéndose en cinco grandes áreas: prevención de riscos laborais, emprego e relacións laborais, seguridade social, economía irregular e traballo de estranxeiros e outras actuacións (accións no programadas).

No caso do eixo emprego e relacións laborais prevense campañas específicas contra o fraude na contratación, cun total de 1.460 actuacións en toda Galicia: 500 na Coruña, 120 en Lugo, 140 en Ourense e 700 en Pontevedra. Así mesmo, vixiaranse os contratos formativos con 165 ordes de servizo e controlarase a contratación a tempo parcial, para o que se prevén 860 actuacións (o 34,60% do programa de obxectivos para 2023) distribuídas do seguinte xeito:  400 na Coruña, 110 en Lugo, 100 en Ourense e 250 en Pontevedra.