A investigación o pasado da capela de Novais, no concello de Val do Dubra

1 minutes read

Esta actuación, que permitirá coñecer as orixes desta edificación, enmárcase no obxectivo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de poñer en valor os xacementos arqueolóxicos máis significativos da Comunidade.

En concreto, a intervención centrarase en pescudar este ben para documentalo de cara a súa catalogación e protección. Para iso, vaise realizar unha prospección arqueolóxica intensiva dos restos da capela e do contorno inmediato, así como un estudo histórico da mesma que incluirá, polo menos, a busca de información nos arquivos parroquiais próximos ao lugar e máis no Arquivo Histórico Diocesano.

Asemade aproveitarase para facer un rexistro 3D do ben mediante fotogrametría. Por outra banda, no eido divulgativo, e en colaboración co Concello do Val do Dubra, realizarase unha visita comentada ao lugar unha vez rematada a actuación para dar a coñecer o estudo realizado e os valores propios do sitio. Finalmente, elaborarase unha ficha de inventario e unha memoria na que se recompile toda a documentación de cara á súa catalogación.