A ITV móbil agrícola estará en Zas os días 15, 16 e 17 de xuño

ITV Agrícola

A ITV móbil para vehículos agrícolas estará na pista polideportiva de Muíño os próximos días 15, 16 e 17 de xuño para realizar as inspeccións técnicas periódicas dos vehículos agrícolas que lle corresponda.

O posto terá un horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, excepto o día 17 que estará unicamente en horario de mañá.

Antes de ir é necesario pedir cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou no número de teléfono 902 30 90 00.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha