A ITV móbil visitará A Laracha en outubro para vehículos agrícolas e ciclomotores

ITV Agrícola

  • Será preciso reservar cita por teléfono ou a través da Internet

As unidades móbiles para realizar inspeccións técnicas de vehículos agrícolas e de ciclomotores visitarán A Laracha durante o mes de outubro. A de vehículos agrícolas estará os días 8, 13 e 14, mentres que a de ciclomotores soamente estará o día 25. En ambos casos instalarase na praza Olonne sur Mer (explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís).

As persoas interesadas poderán consultar os horarios dispoñibles e reservar cita previa (ábrese 30 días antes da chegada da estación móbil) chamando ao 902309000 ou en www.sycitv.com