A Laracha | 35 persoas aspiran a formar a cuadrilla de limpeza para a praia de Caión

Limpieza en la playa de Caión_Concello da Laracha

  • Este martes comezou a prestarse o servizo de salvamento e socorrismo

Volve a oferta de emprego no concello da Laracha. Coa chega do verán faise necesario reforzar determinados servizos municipais por «cuestión cidadá, mantemento en bo estado de zonas verdes e dos espazos públicos en xeral, prevención de incendios e atención aos turistas e visitantes», destacan desde o Goberno local. Durante os próximos meses contrataranse arredor de cincuenta traballadores para prestar servizos de interese xeral. Neste momento 35 persoas aspiran a formar parte da cuadrilla de limpeza na praia de Caión: 25 para ocupar 5 postos de peón e outras 10 para 2 postos de capataz.

Por outra banda, e na mesma praia, desde este martes está operativo o servizo de socorrismo, salvamento, vixilancia e primeiros auxilios. O equipo está formado por oito efectivos, que serán complementados con outros dous máis a través da convocatoria de axudas da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

En ambos casos os contratos terán unha duración de tres meses. O sistema de selección será mediante concurso-oposición, cunha fase práctica e outra máis teórica, onde se valorarán a experiencia profesional e estar en posesión de permisos de condución.