O Concello está finalizando a execución do proxecto de mellora da rede viaria na estrada da parroquia de Lendo que comunica os lugares do Campo da Porta, Lexas e A Torre. Precisamente ese último núcleo de poboación é obxecto da fase final das obras que se están acometendo actualmente, tal e como comprobaron o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, nunha visita ao lugar das actuacións.
O proxecto está valorado nun total de 80.000 euros. Afecta a un tramo de 1.700 metros de distancia da estrada, incluíndo a recuperación dos bordes da calzada para un máis óptimo aproveitamento dos espazos, a nova pavimentación e a sinalización horizontal e vertical co propósito de mellorar a seguridade viaria.