A Laracha | A oficina de turismo de Caión abriu as súas portas

Oficina turismo en Caión, A Laracha_Turismo Galicia

  • Estará operativa de martes a domingo durante todo o verán

A localidade da Laracha volve prestar o servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión, aínda que nun futuro o Concello prevé reubicala na capital municipal. Na tarde deste venres persoal técnico especializado comezou a traballar informando sobre os principais puntos atractivos turísticos do municipio, da Costa da Morte e de Galicia.

Estará operativa durante todo o verán, con diferentes horarios. Os martes abrirá de 15:30 a 18:00 horas, de mércores a sábado de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18: horas, e os domingos estará aberta ao público de 09:00 a 13:30 horas.

Paralelamente, o Concello ten aberto o procedemento de selección dun técnico que estará ao cargo do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte -situado na antiga casa reitoral de Golmar- durante un período de cinco meses. O museo conta co distintivo de Centro Azul en recoñecemento ao seu labor de educación ambiental.