A Laracha | A presidenta de Portos visitou Caión para analizar melloras no peirao

La presidenta de Portos de Galicia en Caión_Concello da Laracha

  • Mantivo unha xuntanza co alcalde da localidade e varios concelleiros en busca dunha mellor organización dos espazos portuarios

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuníronse este mércores en Caión para analizar diversas cuestións relativas tanto ás infraestructuras como ao funcionamento do peirao da localidade. Tamén asistiron á xuntanza os concelleiros Jesús Souto e José Ramón Martínez Barbeito.

Un dos temas tratados foi a busca da mellor solución para piscinas interiores da nova zona portuaria, onde se está a estudar unha intervención que posibilite unha mellor organización e aproveitamento dos espazos existentes. Ademais, abordáronse temas técnicos como a ocupación do dominio público portuario para o desenvolvemento de iniciativas de interese xeral para a cidadanía.

Na xuntanza púxose de manifesto a boa sintonía entre o Concello e Portos de Galicia para traballar xuntos polo ben común do peirao, os profesionais da pesca e embarcacións de recreo, e tamén os propios veciños da Laracha e turistas en xeral.