A Laracha abordará a renovación da composición do Comité de Irmandamento con Les Sables d´Olonne

Este xoves celebrarase a sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de setembro á que se elevará a proposta de renovación dos membros do Comité de Irmandamento co municipio francés de Les Sables d´Olonne, cuestión que foi abordada este luns na Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno.

Esta actualización permitirá incorporar entidades como o Club Ciclista Laracha, a Asociación Deportiva Downhill Laracha e o club Laracha en Dúas Rodas, reforzando así a ampla e plural representación do tecido cultural, deportivo e educativo neste órgano colexiado municipal. Seguirán formando parte del dous concelleiros do grupo de goberno, un concelleiro de cada grupo da oposición, os directores dos catro centros de ensino (IES Agra de Leborís e CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) e os presidentes das asociacións culturais Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión, Club Amigos del Judo, Club Patín Conxuro, Club de Salvamento Acuático Laracha, Club Baloncesto Laracha, Unión Deportiva Paiosaco, Club Xuventude Laracha e Club do Mar de Caión.

O Comité de Irmandamento reunírase por última vez hai un mes para avanzar nos preparativos da participación do Concello da Laracha no Festival des Arts de Les Sables d’Olonne que se vai celebrar entre o 31 de outubro e o 2 de novembro, no que a artista caionesa Maribel Castiñeira “XMÑ” fará unha exposición da súa obra de pintura intuitiva.

Related posts

A Xunta aproba o plan de ordenación do polígono de Bértoa para iniciar a súa ampliación en 2027

Dembelé gaña o balón de ouro | Aitana Bonmatí raíña por terceira vez

Iniciadas as obras de renovación do firme da estrada que une Carballo e Razo