A Laracha abre o prazo de inscrición para o servizo de axuda á conciliación en Semana Santa

Clausura participantes 2022_Cedida.

O Concello da Laracha abre este luns e ata o 27 de marzo a inscrición para o servizo de axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se ofrecerá durante a Semana Santa, os días 3,4,5 e 10 de abril, isto é, nas xornadas laborables e de vacacións nos centros de ensino.

O servizo prestarase a través do Programa Harmoniza nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo en horario de 7:00 a 14:00 horas. Vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos cuxos proxenitores xustifiquen a necesidade de ser beneficiarios por razóns laborais, persoais ou sociofamiliares.

As inscricións debe formalizarse acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edificio administrativo da Laracha. Ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario, podendo escoller entre utilizalo todos os días ou en días soltos, ademais de en horario completo ou reducido e coa opción de almorzo. Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha