A Laracha abriu na parroquia de Coiro os obradoiros sobre o emprego do móbil

Xa están en marcha baixo a organización do Concello os obradoiros sobre o manexo dos teléfonos móbiles intelixentes dirixidos a persoas maiores de 55 anos de idade. A primeira parroquia na que se está a levar a cabo é a de Coiro, coa participación dunha ducia de persoas. Ao longo dos próximos meses realizaranse obradoiros de similares características en outras once parroquias:

  • Coiro: 24 e 28 de febreiro e 2 e 6 de marzo.
  • Montemaior (escola de Cumiáns): 7, 9, 13 e 15 de marzo.
  • Lemaio: 8, 10, 14 e 16 de marzo.
  • Soandres: 17, 20, 22 e 24 de marzo.
  • A Laracha (1ª quenda): 21, 23, 28 e 30 de marzo.
  • Cabovilaño: 27, 29, 31 de marzo e 3 de abril.
  • Soutullo: 10, 12, 14 e 18 de abril.
  • Vilaño: 11, 13, 17 e 19 de abril.
  • A Laracha (2ª quenda): 20, 24, 26 e 28 de abril.
  • Paiosaco (1º quenda): 21, 25, 27 de abril e 2 de maio.
  • Caión (centro social): 3, 5, 8 e 10 de maio.
  • Golmar (museo dos muíños): 4, 9, 11 e 15 de maio.
  • Erboedo: 12, 16, 18 e 23 de maio.
  • Paiosaco (2ª quenda): 19, 22, 24 e 25 de maio.

Cada obradoiro consta de catro sesións de hora e media de duración cada unha a impartir en horario de 9:45 a 11:15.

A inscrición, que é gratuíta, está aberta para todas as quendas e debe formalizarse no departamento de servizos sociais acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.

A iniciativa lévase a cabo co propósito de achegar o mundo das tecnoloxías ao público adulto e ao colectivo da terceira idade para favorecer que poidan sacar o máximo proveito dos seus smartphones e das aplicacións que lles resulten útiles para a súa vida cotiá, sexa para a realización de trámites coas administracións, solicitar citas médicas, diversificar o tempo de ocio ou optimizar a relación e comunicación co entorno. En definitiva, trátase de reducir a brecha dixital e que cada asistente aprenda a desenvolver actividades básicas no manexo do teléfono móbil para que coñeza as posibilidades que ofrece, incorpore a tecnoloxía á súa vida e poida adaptala ás súas necesidades para potenciar a autonomía persoal, favorecer o benestar e aumentar a calidade de vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha