A Laracha acolle este xoves unha sesión informativa sobre a sexualidade no posparto

PIXABAY

  • Será impartida pola matrona e sexóloga Cristina Vázquez na Casa da Cultura

Este xoves, a matrona e sexóloga Cristina Vázquez impartirá unha sesión informativa sobre a sexualidade no primeiro ano do posparto. A actividade terá lugar na Casa da Cultura da Laracha a partir das 18:30 horas.

Durante dúas horas os asistentes obterán información centrada nos cambios que se producen nas mulleres tras dar a luz, os motivos e as alternativas que se poden dar.

Esta charla vai dirixida tanto a aquelas persoas que tiveron un fillo recentemente como ás que serán pais e nais proximamente ou contan con selo nun futuro cercano.

A asistencia é gratuíta, requiríndose unicamente indicar os datos persoais no momento do acceso ás instalacións.