32
- Será impartida pola matrona e sexóloga Cristina Vázquez na Casa da Cultura
Este xoves, a matrona e sexóloga Cristina Vázquez impartirá unha sesión informativa sobre a sexualidade no primeiro ano do posparto. A actividade terá lugar na Casa da Cultura da Laracha a partir das 18:30 horas.
Durante dúas horas os asistentes obterán información centrada nos cambios que se producen nas mulleres tras dar a luz, os motivos e as alternativas que se poden dar.
Esta charla vai dirixida tanto a aquelas persoas que tiveron un fillo recentemente como ás que serán pais e nais proximamente ou contan con selo nun futuro cercano.
A asistencia é gratuíta, requiríndose unicamente indicar os datos persoais no momento do acceso ás instalacións.